En novembro de 2002, o petroleiro Prestige afundiuse fronte a costa galega con miles de toneladas do fuel que tansportaba aínda nas súas bodegas, ameazando con contaminar a zona de forma lenta, pero continua e duradeira.
Para extraelo foi necesario idear novos métodos e tecnoloxías, xa que o petroleiro se encontraba a 4000 metros de profundidade. A solución adoptada aproveitou a lixeira diferenza de densidade entre o combustible e a auga do mar. Mergullouse un enorme depósito de aluminio de forma cilíndrica suxeito por unha cadea. Este depósito pesaba 18 toneladas, pero, ao mergullarse, a presión da auga impulsábao cara arriba, e o peso da cadea era o que vencía esta resistencia.
Unha vez colocado o cilindro sobre o barco afundido, deixouse saír do Prestige o fuel, que tiña unha densidade moi próxima á da auga doce, arredor dun quilogramo por litro, e a da auga salgada é de 1,o3. Por iso, en canto se abriron as válvulas, o fuel ascendeu ata o colector e substituíuno a auga do mar.
Fonte de información:libro de texto física e química 4º de ESO editorial SM

1 Comment:
Este blog vai perfecto, é xusto o que esperaba atopar nun blog de aula. Fecilitacións e ánimos para seguir traballando nel.
Post a Comment