O outro día fixemos unha practica sobre o movemento rectilineo e uniforme.
O noso obxectivo era producir un movemento rectilineo e uniforme, e determinar a ecuación do seu movemento.
O movemento rectilineo e uniforme e o que leva un móbil que se move nunha traxectoria recta e sen variar a velocidade.
Material:
Un taco de madeira con forma de escuadra, unha bola pequena, unha superficie recta e lisa, xabón con auga,un cronómetro e un metro.
Procedemento:
Primeiro, para evitar o rozamento enxabonamos con auga e xabón a superficie na que se vai a realizar a nosa práctica.
Logo, debemos poñer as medidas seleccionadas na superficie(no noso caso de 0.10 a 1 metros).
A continuación comezaremos a deixar caer a bola desde a escuadra pra que leve velocidade e comézase a medir o tempo dende o momento no que a bola sae da escuadra ata que chega a cada unha das medidas.
Conclusións:
O movemento obtido era rectilineo e uniforme. Esto concluímolo tras facer unha gráfica s-t e mirar a velocidade en m/s.
Debemos ter en conta que os resultados non eran exactamente rectas devido a que é prácticamente imposible eliminar o rozamento, pero asemellabaselle moito.
Esta práctica serviunos para estudar física dunha forma aplicada e mais amena.
Espero que vos gustara!!
Ata outro día no que poñeremos máis cousas interesantes sobre a física e química!!

2 Comments:
A foto da práctica non e a da nosa, como xa sabedes non usamos técnicas mais avanzadas que as dese colegio.Pero non tiñamos as fotos da nosa prática, a ver si na próxima entrada podemos conseguir as fotos das nosas prácticas.
Moi ben. Isto é xusto o que esperamos dun blog de aula. Perfect!
Post a Comment