lunes, 26 de enero de 2009

O PATO MILAGROSO


Non ten pilas nin enchufes, pero é capaz de estar movéndose de forma permanente. Cando o pato de Jottabich se coloca sobre a auga, move o seu corpo alternativamente para beber e para recuperar a súa poxición normal.

Este xoguete está formado por dúas esferas unidas por un tubo de vidro e ten o seu centro de gravidade coidadosamente situado. A esfera superior está rodeada por unha masa de algodón que se enchoupa cando o pato se inclina, e a inferior contén un líquido volátil (éter dietílico). Cando a súa cabeza se humedece mantense dereito, pero a diferenza de temperatura fai que o éter ascenda polo tubo de vidro, desequilibrándoo e facendo que se incline como para beber ata meter a cabeña na auga. Pero ao facelo equilíbanse as precisions do vapor saturado das dúas concavidades, e o líuido cae de novo, co que o pato recobra a súa posición orixinal vertical. Este motor térmico permite simular un móbil perpetuo, que aparentemente produce movemento sen consumo enerxético.
Fuente:libro de física e química 4º de ESO edicións SM en galego

0 Comments: