viernes, 3 de abril de 2009

ADIÓS CARLOS

Aínda que este é un blog de fisica e quimica, este post vai dedicado a Carlos (o noso profesor de física-química e de informática), que nos deixa por un tempo.
Non sabemos si terás oportunidade de leelo pero si o lees que sepas que che vamos a botar moito de menos. Para nos significas moito. Un bo profesor e mellor persoa aínda.
Fostes un magnifico tutor, dos mellores que tivemos e de ti aprendemos moitas cousas importantes para a vida.
Esperamos que todo che vaia moi ben e que nos pases a visitar algún día antes de que nós tamén deixemos o colexio.
Un saudo de Laura e de Melani.

lunes, 23 de marzo de 2009

(A6)As redes sociais e a web 2.0

Rede Social: Estructura social.Medio de interaccion de distintas persoas como por exemplo xogos en línea, chats, foros, spaces, etc...
Estas redes sociales baséanse na teoría dos seis grados. Seis grados de separación, é a teoríd de que calquera na Terra, pode estar conectado a calquera outra persoa no planeta a través dunha cadea de coñecidos que non ten mais de seis intermediarios. O concepto está baseado na idea de que o número de coñecidos medra exponencialmente co múmero de enlaces en cadea, e so un pequeno número de enlaces son necesarios para que o consunto de coñecidos se convirta na poboación humana enteira.
As redes sociales pretenden:
A comunicación (axúdanos a poñer en común coñecementos)
Comunidade (axúdanos a encontrar e a integrarnos en comunidades)
Cooperación (axúdanos a facer cousas xuntos)
As redes sociales seguen avanzando en internet a pasos axigantados, especialmente dentro da Web 2.0
A web 2.0: é unha segunda xeración na historia da Web baseada en comunidades de usuarios e unha gama especial de servizos, como as redes sociales, os blogs,... que fomentan a colaboración e o intercambio áxil de información entre os usuarios.

jueves, 12 de febrero de 2009

alguns blogs de interese (A5)

Aqui imos a decir de que van algúns bloges interesantes e puxemoslles nota:
"Madrid me mata"
_Falanos da actualidade da sua cidade,madrid.Informa de concursos e a historia de algúns lugares de interese de Madrid.(nota:6)
"Valencia Canibal, Valencia Distinta"
_Na entrada máis reciente de este blog entendemos que e un blog ecoloxista. Trata sobre Valencia.(nota:5)
"Es Madrid no Madriz"
_Blog con entradas curiosas pero tamen con noticias serias e con reportaxes como "palmeras", que explica os distintos tipos de palmeras existentes en Madrid. Ten moitas categorías como: 2 de maio de 1808, Aniversario, Arqueología, Bares, Calles, Deportes, Comunidad de madrid.(nota:7)
"Mis fotos de Madrid"
_Entradas acompañadas de fotos sobre lugares e personaxes curiosos. Ten diferentes etiquetas como: Actualidad, Arte en la calle, Artistas callejeros...(nota:7)
"Barcelona Antiga-Llocs, costums i tradicions"
_Blog en catalán, con fotos antiguas, tradicions, costumbres...(nota:6)
"Pixfans"
_É un blog dedicado sobretodo a videoxogos pero tamen fala de gadgets, comics, series...(nota:7)
"Chica Geek"
_Blog dunha moza con curiosidades como: pendientes con forma de iPhone; consellos sobre programas útiles para o ordenador, "5 programas imprescindibles en mi PC.(nota:8)
"El grupo informático"_Noticias sobre informática.A noticia que nos pareceu mais interesante "Windows 7 costará como mínimo 150€". Ten apartados como trucos, manuales para Windows Vista e manuales para P2P.(nota:6)
"Clipset.net"_Grupo de personas dedicadas a tecnoloxías clipset, é un espacio tecnolóxico donde se poden encontrar gadget inexistentes xa.(nota:6)
"ADSLzone.net"_Contén foros, noticias sobre P2P, e todo o relacionado ca velocidade de internet.(nota:6)
"Lapices para la paz"_Blog con recortes de outros sitios web sobre o terceiro Mundo con noticias moi impactantes e entrevistas.(nota:9)
"Dales una oportunidad: Adopta, difunde..."_Blog sobre cans abandonados que pide a colaboración de todos mediante a adopción. A noticia mais impactante "ayuda a operar a SUERTE, le arrancaron los ojos...muy URGENTE se busca familia realmente especial para SUERTE"(nota:9)
"Construyendo un mundo sin violencia"_noticias sobre actos contra a violencia,persinaxes importantes da paz.(nota:6)
"share sordo"_Denuncia inxustizas televisivas, como series non subtituladas. Inxusticias contra peronas con algunha minusvalía.(nota:7)
"Mis pequeños gigantes de cuatro patas"_Blog de axuda a cans e gatos.Busca xente que adopte a estos cans e gatos abandonados.(nota:6)
"The Andy Show"_ Blog que según o creador é un "sitio especializado en joder a paciencia, facer reir, chorar, pensar"(nota:6)
"El blog de Akematon"_Un blog multitemático que fala sobre todo de música, historia, política, cine...(nota:6)
"A mis 95 años"_Unha señora de 95 anos, de Muxía, que ten este blog porque llo regalou o seu neto polo seu cumpleaños, usa o blog para comunicarse con bloggers, e para animar, a todos os ancianos que teñan internet(nota:9)
"Yonomeaburro"_Blog sobre series de televisión, películas...(nota:7)
"Zinquirilla"_Fala un pouco de todo, desde do Betis, de cine, ou de como manexar un blog(nota:6)
"Musicsfera"_Fala sobre novedades musicales ou noticias importantes no mundo da música.Con seccións como Albúms, conciertos,DISet, noticias, novos artistas, curiosidades, festivales, review, listas, axendas, souful house(nota:7)
"El mercadito del blog"_Blog sobre Rock, con información sobre bandas internacionales e os seus discos(nota:6)
"Toca la guitarra"_Intenta enseñar a tocar a guitarra, con información sobre acordes, danos razóns para tocar a guitarra e procporcionanos cancións para tocar ca guitarra.
"El boulevard del Rock"_Blog sobre música Rock, de un neno de 13 anos, con apartados como "os mais vendidos"(nota:6)
"Pasaba por ahí 37 votos"_Blog de un home que saca fotos que despois retooca, e contanos o equipo que utilizou para facer a foto e as posteriores modificacións, escribindo detalladamente todo o proceso.


lunes, 9 de febrero de 2009

¡ATENCIÓN! SUSPENDIDAS AS CLASES POR TEMPORAL

Onte quedaron suspendidas as clases, por que hai un forte temporal, así que avisamos polo blog, esperamos que o aviso vos chegue a tempo. A ver si non e tan forte como din e non pasa nada.

jueves, 5 de febrero de 2009

Aqui vos deixamos un video moi interesante, no video Flipy, Will Smith e Pablo Motos fan un dos experimentos mais visuais. Cunha luz tenue e coa axuda de Will Smith logran crear unha curiosa figura na auga.
Experamos que vos guste como a nos!!

martes, 27 de enero de 2009

UNHA ANÉCDOTA INTERESANTE SOBRE A FÍSICA


Estaba mirando por internet e atopei a seguinte anécdota en un blog sobre física e química(http://fisica-quimica.blogspot.com/2008/07/aprender-pensar.html), a anécdota e moi interesante espero que vos guste:

Sir Ernest Rutherford, presidente da Sociedade Real Británica e Premio Nobel de Química en 1908, contaba a seguinte anécdota:

"Hai algún tempo, recibín a chamada dun colega. Estaba a piques de pór un cero a un estudante pola resposta que dera nun problema de física, a pesar de que este afirmaba rotundamente que a súa resposta era absolutamente acertada. Profesores e estudantes acordaron pedir arbitraxe de alguén imparcial e fun elixido eu. Lin a pregunta do exame e dicía: Demostre como é posible determinar a altura dun edificio coa axuda dun barómetro. O estudante respondera: levo o barómetro á azotea do edificio e átolle unha corda moi longa. Descólgoo até a base do edificio, marco e mido. A lonxitude da corda é igual á lonxitude do edificio. Realmente, o estudante expuxera un serio problema coa resolución do exercicio, porque respondera á pregunta correcta e completamente. Doutra banda, se se lle concedía a máxima puntuación, podería alterar a media do seu ano de estudo, obter unha nota mais alta e así certificar o seu alto nivel en física; pero a resposta non confirmaba que o estudante tivese ese nivel. Suxerín que se lle dese ao alumno outra oportunidade. Concedinlle seis minutos para que me respondese a mesma pregunta pero esta vez coa advertencia de que na resposta debía demostrar os seus coñecementos de física. Pasaran cinco minutos e o estudante non escribira nada. Pregúntelle se desexaba marcharse, pero me contesto que tenia moitas respostas ao problema. A súa dificultade era elixir a mellor de todas. Escúseme por interromperlle e rogueille que continuase. No minuto que quedaba escribiu a seguinte resposta: tomo o barómetro e lánzoo ao chan desde a azotea do edificio, calculo o tempo de caída cun cronometro. Despois aplícase formúlaa altura = 0,5 pola por t^2. E así obtemos a altura do edificio. Neste punto pregúntelle ao meu colega se o estudante podíase retirar. Deulle a nota mais alta. Tras abandonar o despacho, reencontreime co estudante e pedinlle que me contase os seus outras respostas á pregunta. Bo, respondeu, hai moitas maneiras, por exemplo, tomas o barómetro nun día asollado e mides a altura do barómetro e a lonxitude da súa sombra. Se medimos a continuación a lonxitude da sombra do Edificio e aplicamos unha simple proporción, obteremos tamén a altura do edificio. Perfecto, díxenlle, e doutra maneira?. Se, contestou, este é un procedemento moi básico para medir un edificio, pero tamén serve. Neste método, tomas o barómetro e sitúasche nas escaleiras do edificio na planta baixa. Segundo sobes as escaleiras, vas marcando a altura do barómetro e contas o numero de marcas até a azotea. Multiplicas ao final a altura do barómetro polo numero de marcas que fixeches e xa tes a altura. Este é un método moi directo. Por suposto, se o que quere é un procedemento mais sofisticado, pode atar o barómetro a unha corda e movelo coma se fose un péndulo. Se calculamos que cando o barómetro está á altura da azotea a gravidade é cero e se temos en conta a medida da aceleración da gravidade ao descender o barómetro en traxectoria circular ao pasar pola perpendicular do edificio, da diferenza destes valores, e aplicando unha sinxela fórmula trigonométrica, poderiamos calcular, sen dúbida, a altura do edificio. Neste mesmo estilo de sistema, atas o barómetro a unha corda e descólgalo desde a azotea á rúa. Usándoo como un péndulo podes calcular a altura medindo o seu período de precesión. En fin, concluíu, existen outras moitas maneiras. Probablemente, a mellor sexa tomar o barómetro e golpear co a porta da casa do porteiro. Cando abra, dicirlle: "Señor porteiro, aquí teño un bonito barómetro. Se vostede dime a altura deste edificio, regálollo". Neste momento da conversación, pregúntelle se non coñecía a resposta convencional ao problema (a diferenza de presión marcada por un barómetro en dous lugares diferentes proporciónanos a diferenza de altura entre ambos os lugares) evidentemente, dixo que a coñecía, pero que durante os seus estudos, os seus profesores tentaran ensinarlle a pensar. O estudante chamábase Niels Bohr, físico danés, premio Nobel de física en 1922, mais coñecido por ser o primeiro en propor o modelo de átomo con protones e neutróns e os electróns que o rodeaban. Foi fundamentalmente un innovador da teoría cuántica. á marxe do personaxe, o divertido e curioso da anécdota, o esencial desta historia é que ENSEÑARANLLE A PENSAR. Por certo, para os escépticos, esta historia é absolutamente verídica Aprendamos a pensar, hai mil solucións para un mesmo problema, pero o realmente interesante, o autenticamente xenial é elixir a solución máis practica e rápida, de forma que podamos acabar co problema de raíz...e dedicarnos a solucionar OUTROS problemas".

Espero que vos gustara como a min!!

lunes, 26 de enero de 2009

O PATO MILAGROSO


Non ten pilas nin enchufes, pero é capaz de estar movéndose de forma permanente. Cando o pato de Jottabich se coloca sobre a auga, move o seu corpo alternativamente para beber e para recuperar a súa poxición normal.

Este xoguete está formado por dúas esferas unidas por un tubo de vidro e ten o seu centro de gravidade coidadosamente situado. A esfera superior está rodeada por unha masa de algodón que se enchoupa cando o pato se inclina, e a inferior contén un líquido volátil (éter dietílico). Cando a súa cabeza se humedece mantense dereito, pero a diferenza de temperatura fai que o éter ascenda polo tubo de vidro, desequilibrándoo e facendo que se incline como para beber ata meter a cabeña na auga. Pero ao facelo equilíbanse as precisions do vapor saturado das dúas concavidades, e o líuido cae de novo, co que o pato recobra a súa posición orixinal vertical. Este motor térmico permite simular un móbil perpetuo, que aparentemente produce movemento sen consumo enerxético.
Fuente:libro de física e química 4º de ESO edicións SM en galego